16/06/07

Concelleiras



E velaquí está a que dende hoxe xa é a representación máis numerosa de mulleres na Historia do Concello de Mugardos: Anxos Díaz Prados (BNG), Begoña Gómez Díaz (PP), África Pérez Filgueiras (PSdeG-PSOE), Pilar Díaz Otero (EU-IU) e Carolina Cruz Fernández (BNG). Parabéns e moita sorte a todas.

13/06/07

Segue sendo mugardés :)



Non sei por donde se colou, pero colouse, e xa sabedes como son os paxaros nestes casos: tolean e turran contra as fiestras. Este non foi menos e levou un hostiazo que non o quería para min. Pensei que me morría porque era peso morto e abría o pico como se lle faltase a vida, pero os da vila sómosche duros de carallo e 5 minutos de mimos máis tarde xa o tiñades en rampa de lanzamento. Quedamos de vernos para a Festa do Polbo e botarlle unhas :)

06/06/07

Loita Gran Reserva



Permítaseme lembrar que o Comité Cidadán de Emerxencia pola Ría de Ferrol leva loitando pola legalidade 8 anos. Quen esto escribe xa firmou grazas a eles alegacións á pranta de gas fai 7 anos como presidente da Asociación Cultural Bezoucos. Compre telo en conta nestes días nos que moita xente esperta sorprendida ao problema de Reganosa e pensa (grazas ao silenciamento de pseudomedios de comunicación como La Voz) que o movimento cidadán comezou coa chegada dos gaseiros.